Segundo a acta fundacional tal día coma hoxe fai 40 anos,o 1 de xaneiro de 1973 ,naceu este noso clube TABOADA CF, baixo a presidencia de Don Jose Rivas Fernandez,sendo o secretario que daba fé Don José Rodriguez Viana,daquela directiva tamén formaban parte Don José Dafonte Vázquez,Don José Luis Vázquez Ulloa, Don Manuel Franco Rodríguez,Don Ramón Ferreiro López,Don Jose Ramos Ledo e Don Manuel Fernández Otero,os homes que impulsaron este sentimento que logo de catro decadas converteuse nunha bola de neve azul e branca de dimensións extratosféricas cun equipo enorme competindo na súa máxima altura. Coa idea de celebrar estos 40 aniños podedes retirar as tarxetas ata o 25 de febreiro de 2013 para a cea celebración da fundación que terá lugar o 2 de marzo de 2013 .
Categorías